///Membros do PEN Club piden “amparo” ao PEN International polas irregularidades do centro galego

Membros do PEN Club piden “amparo” ao PEN International polas irregularidades do centro galego

LD / Un grupo de escritores asociados ao Pen Club de Galicia, encabezados por Xavier Alcalá, ven de dirixirse á directiva do Pen International para pedir o seu “amparo” ante as irregularidades que, segundo denuncian, tense producido o pasado mes de febreiro no proceso de elección da executiva da filial galega do centro, dirixida polo poeta Luis González Tosar. Eses feitos, na súa opinión, poden poñer en risco a celebración do congreso que a asociación internacional de escritores prevé celebrar en Ourense o próximo outono.

Tras unha conversa telefónica e nunha longa mensaxe por email enviada ao director executivo do Pen International, Carles Torner, e ao director literario da organización, James Tennant, Alcalá pide o seu “amparo”antes de “xudicializar” un conflito que, ao seu xuízo “pode levar aos escollos do escándalo non só a lancha do centro Pen galego senon ao propio buque do Pen International”.

Tal e como publicou La Duda en varios artigos aos que se pode acceder ao final deste texto, o proceso de escolla do centro galego da organización estivo batuxado de numerosas irregularidades: en primeiro lugar, porque nos seus vinte anos de existencia incumpríuse reiteradamente a regra que obriga a convocar eleccións cada catro anos. En segundo lugar, porque a asamblea convocouse ás presas e cun escaso prazo que impedíu na práctica que se presentaran candidaturas alternativas á de Tosar. E como terceiro engadido, porque esa posibilidade tampouco podería terse producido xa que, por riba, a directiva non facilitou o censo de membros do clube aos asociados que o solicitaron. A listaxe non figura na web do clube, que ten a súa sede nun edificio propiedade da Xunta de Galicia (o número 30 da Casa da Parra, en Santiago), onde ninguén atendeu en tempo e forma ás citadas e reiteradas peticións (o último burofax enviado foi recollido o día despois do peche da recepción de candidaturas).

Finalmente, na asemblea, celebrada o 20 de febreiro resultou elixida unha lista que aparecen vocais que non estaban, e desaparecen outros  que sí figuraban na lista para a que Tosar solicitou o apoio por carta, instando aos socios que non ían asistir á xuntanza que delegaran nel o seu voto. O quorum da cita foi paupérrimo e como para replantexarse a lexitimidade do acordado: acudiron 13 personas e só outras 13 delegaron o voto. E foron estes últimos os que, ao facelo, elixiron a uns representantes distintos aos que tiñan pensado elixir. Porque si na petición de delegación de voto de Tosar aparecían nove vocalías, tras as eleccións o Pen galego informou que a executiva tiña oito, cun baile de ata cino nomes entre entradas e saídas. Asombrosamente o anunciou vía Facebook o mesmo día da asemblea, pero sen explicación algunha sobre as sustanciais variacións. Por si non abondara, nove días despois, nunha entrevista concedida á revista dixital Biosbardia, Tosar recoñeceu un novo baile de nomes ao afirmar que a súa directiva ten… ¡Seis vocais!. Ou sexa dous novos desaparecidos sen argumentación algunha aos socios.

Na web do PEN galego non só non hai listaxe ningunha dos escritores pertencentes ao clube, senon que nin sequera hai mención algunha á directiva máis aló da do presidente e un secretario, Armando Requeixo, que segundo as declaracións do propio Tosar a Biosbardia, en realidade é vicesecretario, xa que o secretario ten, de novo, outro nome.

O Pen International foi fundado en Londres en 1921 e conta con máis de 25.000 socios en todo o mundo. Na súa carta aos máximos responsables da organización, Xavier Alcalá, que asegura representar o sentir e a indignación dun relevante número de asociados galegos, explica que “varios supostos membros da candidatura manifestaron o seu desconcerto por verse nela, e pública ou privadamente maniféstanse como non interesados na responsabilidade que se lles supón”, especialmente no que se refire á organización, preparación e participación no congreso de Ourense.

As irregularidades no Pen galego, que a maiores de ter a súa sede nun edficio público recibíu o ano pasado unha subvención de 21.000 euros da Xunta, xa motivaron unha pregunta no Parlamento Galego do diputado socialista José Luis Méndez Romeu, Segundo Alcalá, “o Pen International está na mira de xornalistas e políticos en Galicia”.

Finalmente, o remitente aconsella ao Pen International que estea “alerta”. “Vivimos tempos de gran turbulencia política e sería desastroso para o bó nome dos clubes que se viran arrastrados pola `riada de corrupción’ que mancha todo no ‘despaís’ chamado España”.


Quizáis che interese

lapiz bandera PENChafallada no Centro PEN de Galicia

 

pen clubeA directiva do Pen Club de Galicia pecha o prazo de presentación de candidaturas á súa renovación sen facilitar o listado de socios

 

Praza publicaAlfredo Ferreiro pon en dúbida en Praza Pública o carácter democrático do Pen Clube de Galicia

 

 

 

About the Author:

laduda.net
Pienso, luego escribo...

5 Comments

  1. Xavier Alcalá 6 abril, 2016 at 1:36 am - Reply

    Moi agradecido a La Duda. Vou teimar en saber que realidades hai tras do que se oculta. Como escribín na miña carta ao PEN International, longa vida aos nosos clubes (pero vida limpa).

  2. Félix 6 abril, 2016 at 1:55 pm - Reply

    O conservadurismo e o elitismo galegos sempre foron moi fortes no eido da cultura.

  3. Andrês Barreiro 7 abril, 2016 at 6:39 pm - Reply

    Que país,cheo de caciques e de endogamias improductivas. A ver se abren un vieiro por esa leira privada que é o pen-club

  4. […] Membros do PEN Club piden “amparo” ao PEN International polas irregularidades do centro… […]

  5. […] Membros do PEN Club piden “amparo” ao PEN International polas irregularidades do centro … […]

Leave A Comment