/, LETRAS, O Mono Sapiens/Chafallada no Centro Pen de Galicia

Chafallada no Centro Pen de Galicia

O MONO SAPIENS / Non soi mico de moito falar. Pero o que ven sucedendo no Centro Pen Galicia, delegación no país do Pen Club Internacional, merece un par de toques serios, porque amosa de maneira moi nítida e evidente o que segue a ser este país de trapalladas, enchufados e inmundicias.

A semana pasada celebráronse eleccións para renovar a xunta directiva do organismo, que leva máis de vinte anos dirixida por Luis González Tosar, poeta arrimado ao poder desde os tempos de Manuel Fraga, xa finado, na presidencia da Xunta; e de Xesús Pérez Varela, ideólogo da Cidade da Cultura nos seus tempos de conselleiro, e hoxe fuxido, refuxiado ou retirado, vaia vostede a saber, nas lonxanas terras de Ecuador.

Ao que imos. As eleccións no Pen Clube galego están cheas de irregularidades, contrastadas por este primate con varios socios do mesmo. Por partes:

  • É chamativa á presa en renovar a xunta directiva, cando os estatutos do Pen International obrigan a facelo cada catro anos e esa norma nunca se cumpríu regularmente.
  • Non existe listado público de socios e Tosar e o seu secretario negáronse a facilitalo, aínda que houbo quen llelo reclamou por burofax, o que impedíu que se puidera presentar candidatura alternativa á encabezada polo vitalicio presidente.
  • A sede da asociación está na Casa da Parra de Santiago, propiedade da Xunta de Galicia, pero alí ninguén responde ás chamadas nin recolle en tempo e forma as peticións do listado de socios.
  • Antes da asemblea, Tosar envía aos  membros (a todos? a quen? a cantos? quen o sabe?) esta carta, na que pide o apoio para a candidatura que encabeza, bautizada como Impulso e Renovación, e na que, ademáis del, aparecen dous vicepresidentes, un secretario, un vicesecretario, un tesoureiro e oito vogais:

candidatura PEN 1

 

  • Tamén pide a quen non poida asistir, que  delegue o voto, adxuntando a correspondente papeleta delegatoria.
  • O día da asemblea, na que só se pode votar unha candidatura porque a directiva nega aos socios discrepantes a posibilidade de formar lista de competencia, resulta elixida unha xunta directiva na que desparece un dos vogais propostos e aparecen dous que non estaban. Así que quen delegou o voto, fíxoo por candidatos distintos aos que pensaba apoiar. Os socios entéiranse dos cambios polo Facebook:

 

facebook PEN

 

Varios membros do clube relacionan toda esta trapallada coa celebración do 82º Congreso do Pen International que terá lugar en Ourense do 26 de setembro ao 2 de outubro, en terras de Lord Baltar, e tamén coa Feira do Libro de Buenos Aires, na que Santiago será cidade convidada. Boa oportunidade para lucir carguiño, non si? Pero ollo, que eses socios están pensando en recurrir á Xustiza para impugnar as eleccións.


Fóra de contexto: “Ante unha alternativa dubidosa o home galego prefire permanecer quedo; e como saben os afeccionados á zooloxía, a quietude é unha moi acreditada forma de defensa”. Carlos Mella, en A Galicia posible, Xeráis, 1992.

Quizá che interese

pen clubeA directiva do Pen Clube de Galicia pecha o prazo de presentación de candidaturas á súa renovación sen facilitar o listado de socios

 

Praza publicaAlfredo Ferreiro pon en dúbida en Praza Pública o carácter democrático do Pen Clube de Galicia

 

 

About the Author:

O Mono Sapiens
Que vai facer un primate galego senón dubidar de todo e facerse preguntas?

3 Comments

  1. Alfredo Ferreiro 28 febrero, 2016 at 8:00 pm - Reply

    Agradezo que alguén se preocupe nos medios de cuestionar as zonas escuras en que os cartos públicos se investen. Porque hai xente e asociacións que son transparentes e merecen moito máis do que se lles concede, como mínimo por iso.

  2. […] Chafallada no Centro Pen de Galicia […]

  3. […] del que hablan. De hecho acusan a Tosar de haber cometido numerosas irregularidades en la renovación de la directiva  el pasado 20 de febrero, como no proporcionar el listado de miembros impidiendo así que se […]

Leave A Comment