///Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea: “Non estamos aquí para repartirmos cargos, senon para impulsar a transformación política, social e institucional que prometemos”

Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea: “Non estamos aquí para repartirmos cargos, senon para impulsar a transformación política, social e institucional que prometemos”

JUAN OLIVER /  Antón Gómez-Reino Varela (A Coruña, 1980), recolleu a súa acta de deputado ao Congreso como cabeza de lista de En Marea cunha combinación de sensacións: a conciencia de ser protagonista dun momento histórico de cambio social e político, a responsabilidade de saber respostar axeitadamente ás demandas dos máis de 400.000 votantes que convertiron á coalición na segunda forza política de Galicia, e a estraneza de sentirse de súpeto portador dunha carteira de coiro noble e letras douradas e dun cargo dotado de vellos privilexios formais, coma o de que te chamen Señoría. “Iso servirá para que cando morra, na miña esquela poida poñer Excelentísimo Señor. Para nada máis”, bromea na coruñesa praza da Farinha –o xornalista o escribe nesa grafía a sabendas de que é a que emprega o entrevistado, e que él non manexa, para nomear á oficialmente praza de Azcárraga-.

Alí, na praza da Farinha/Fariña, mentras se deixa fotografiar, Gómez Reino lembra que foi onde empezou todo e a Marea Atlántica tomou forma. A entrevista celebrouse onte, domingo. O mércotes será o primeiro pleno da lexislatura, e, cun Parlamento dividido e en plena negociacións a varias bandas, non quere facer apostas sobre se haberá que convocar novas eleccións, se se formará Goberno, e nese caso que cor terá ou quen o presidirá. “Iso non o sabe ninguén”.

– Vale, pero a día de hoxe a pelota está no tellado de quen?

– A pelota está no tellado de todos, pero sobre todo na do PSOE. É o partido que ten que decidir se quere ser parte do problema ou parte da solución. E ten que facelo no curto prazo. Aí ten que decidir se quere abrirse ao diálogo ou non.

– Refírese a decisión sobre a Presidencia do Congreso e o reparto de cargos na Mesa. Se o PSOE a pacta con Ciudadanos, vostedes e os outros socios de Podemos quedarían sen grupo parlamentario propio.

– Si, claro. E aí é onde cada actor se vai definir e onde se intuirá cómo pode desenvolverse a lexislatura. O que pasou onte (polo sábado) en Cataluña

[o pacto entre ERC a CUP e Junst pel Si para nomear presidente da Generalitat a Carles Puigdemont], deixa claro que o diálogo hai que levalo ata o último minuto. Pero xa digo que é o PSOE o que ten na man definir unha Mesa do Congreso e unha distribución de grupos que responda á pluralidade que se visualizou nas furnas. Ten que definirse e amosar se as promesas de aposta polo cambio que ofertaba na campaña electoral eran verdade ou non

.– Se me permite a intrusión, eu creo que haberá novas eleccións.

– Eu sempre digo que o poder é continxente. Ninguén sabe o que vai pasar. Nós entendemos que calquera proceso de consulta á cidadanía é positivo e non temos inconvinte algún en que se celebren novas eleccións. Pero tamén lle digo que temos a man tendida ao diálogo desde o primeiro día, desde a noite mesma do 20D.

– A vostedes lles beneficiaría un adelanto electoral. Non só polo índice de mortalidade nos sectores de idade nos que os partidos tradicionais ten máis apoios, e que perderían miles de votos en apenas tres meses, senon tamén pola incorporación de novos votantes novos, que é o sector onde máis apoios ten Podemos e os seus socios. E en Galicia é que nin lle conto. Pero es que por riba diso enfrontaríanse a uns partidos tradicionais abocados a crisis e liortas sucesorias inminentes no caso de novos comicios.

– Si, pero a cidadanía non está para especulacións demoscópicas. Nós temos demostrado nos gobernos de cambio municipais que temos capacidade de diálogo e disposición aos acordos. Agora ben, hai que definir moi ben o marco dese diálogo.

– ¿Non cré que Pablo Iglesias errou ao sinalar liñas vermellas a ese diálogo na mesma noite electoral?

– Non. O que fixo foi deixar claro que nós non estamos aquí para repartirmos cargos, senon para impulsar a transformación política, social e institucional que prometemos. Eu creo que Pablo o que fixo foi suliñar que Podemos e os seus aliados fraternos, como chamou Ada Colau aos socios de Galicia, Cataluña e Valencia, estamos aquí para defender a democracia, a pluralidade e a xustiza social.

– Cándo lle deu por meterse en política?

– Pois levo toda vida nela. Veño dunha familia moi vinculada e interesada pola política. E criéime nesa A Coruña dos anos noventa, na que os novos crecimos moi vinculados, desa maneira paixonal que ten a adolescencia de vivir a política, a todo o que sucedía na cidade, ao ascenso do fútbol, ao Dépor, ao movemento bravú…

– Era A Coruña do vazquismo…

– E a do antivazquismo.

– Pero cándo empezou a pensar en serio na política?

– Foi a partir dos vinte anos, cando comecei a participar e a vincularme cos movementos sociais, que é onde desenvolvín a miña carreira e de onde veño.

– Para alguén que, como di, leva toda a vida vinculado á política, ¿que se sinte tendo a oportunidade de estar no centro do que parece ser un cambio histórico en España?

– Pois é fascinante, é certo, esta lexislatura vai selo. Pero as sensacións son dúas: por un lado sinto moita responsabilidade, ¡tivemos tanto apoio en Galiza, tanta xente á que nos debemos! Por outro, certa sorpresa. Eu comparto o que sempre di o alcade de A Coruña, Xulio Ferreiro: que somos ou nos sentimos un pouco intrusos nas institucións. E non o somos, ou non debemos selo. Cando a semana pasada recollín a acta non me sentín coma un intruso, estiven unha hora e media no Congreso, pero si recoñezo que me sentín de maneira un tanto singular. O persoal do Congreso é dun trato exquisito, amable e moi profesional. Pero hai determinadas cousas que che parecen demasiado… Non sei como definilo…

– Ser Señoría e raro, ¿non?

– Pois si, ten razón, ser Señoría é moi raro.


Quizá te interese

buitrón

José García Buitrón: “Donde hay dificultades, ahí me meto. Profesional y personalmente”

 

CIS-PortadaPodemos y Ciudadanos ganarían más de 30.000 votos y el PP perdería casi 25.000 en tres meses sólo por el cambio demográfico

 

maria pita

Intrusos no Concello de A Coruña

 

 

 

 

By | 2017-03-29T17:29:47+00:00 11/01/2016|Categories: Entrevistas, PERSONAJES|Tags: |5 Comments

About the Author:

Juan Oliver
Periodista licenciado en Ciencias Políticas y máster en Medios de Comunicación, trabajó en Radiovoz, El Mundo, Unións Agrarias y La Voz de Galicia, diario para el que fue corresponsal en Bruselas durante cinco años. Editor y coordinador de La Duda, también colabora en Público, El Periódico de Catalunya y Adiante

5 Comments

  1. Alfonso Pardo 11 enero, 2016 at 5:40 pm - Reply

    Unha sorpresa Gómez-Reino,paréceme un político moi sólido e legal. Seica non vai ser verdade que os novos partidos teñen xente trepa e sen preparación.

    • laduda.net
      laduda.net 13 enero, 2016 at 4:23 pm - Reply

      Grazas, Alfonso, por seguirnos e polo teu comentario. Apertas!

  2. […] Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea: “Non estamos aquí para repartirmos cargos, senon para … […]

  3. […] Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea:”Non estamos aquí para repartirmos cargos, senon pa… […]

  4. […] Antón Gómez-Reino, deputado de En Marea: “Non estamos aquí para repartirmos cargos, senon para … […]

Leave A Comment